Os grupos de Kung-fú do Colexio pisaron forte no Campionato Galego de Arteixo , A Coruña; o grupo de nenos/nenas Cinto Marrón Alevín firéxonse cun título que os leva directamente a participar no
Campionato de España de Kung-fú Disom, que se celebrará no Pavillón Central das Travesas en Vigo o domingo 7 de xullo de 2013.
Representará ó colexio no Campionato de España:
EQUIPO CINTO MARRÓN ALEVÍN : SUB- CAMPIÓNS GALEGOS !!!! NORABOA!!!
Os cintos laranxa e verde, inda que conseguiron unha alta posición, non participarán no Campionato de España , xa que neste campionato só participan os cintos azuis, marróns e negros.
EQUIPO CINTO LARANXA ALEVÍN : 3º CLASIFICADOS !!!! NORABOA!!!
EQUIPO CINTO VERDE ALEVÍN : 4º CLASIFICADO!!!! NORABOA!!!
O vindeiro 7 de xullo os participantes terán que presentarse perfectamente vestidos ca indumentaria de Kung-fú (traxe, calcetíns brancos, zapatillas negras) ás 9:30 da mañá para realizar un previo ensaio. O acto terá lugar unha hora despois.
Os participantes teredes un par de ensaios no colexio:
O martes 2 e o xoves 4 de xullo, ás 16.30 pm
Moitííííisima sorte !!!!!! Estamos con vós!!!
Imaxes do Campionato:
