twitter


Este pasado domingo, 13 de maio, disputouse a fase previa do Campionato Escolar de Xadrez por equipos na Asociación do Olimpo de Barrocás. O colexio participou con dous equipos en dúas categorías: Alevín e Benxamín. O equipo Benxamín acadou unha 3ª posición . ( Carla , José , Alberto, Martín, Alexandre, Xulián, Iago e Fabio, de 3º e 4º EP) O equipo Alevín logrou chegar a unha 6ª posición. (Martín , Rodrigo, Beltrán , Iago e Mario de 4º e 5º EP) Noraboa polos éxitos e polo voso esforzo e bo facer.

0 comentarios:

Publicar un comentario