twitter



O pasado sábado 14 de abril celebrouse o Campionato Provincial Interclubes de Kung-Fú Di Som de Ourense nas instalacións do Colexio Guillelme Brown .


      Os equipos dos colexios e ximnasios da provincia de Ourense realizaron dúas probas en quendas diferentes dende os cinturóns amarelos ata os máis avanzados co cinturón negro.
      Este campionato é a  fase clasificatoria para o Campionato  Inter provincial e para o Galego.
      Todos os equipos Do Guillelme Brown lograron clasificarse con moi boa puntuación.
      O próximo campionato interprovincial entre os equipos de Lugo, Coruña e Ourense celebrarase o 12 de Maio en Arteixo coa realización de 3 probas: Tao, Loita e Combinación Libre.
      O Colexio Guilellelme Brown conta con un equipo de cinturóns verdes Campións de España na última edición celebrada do campionato a nivel nacional que xunto con novos grupos intentarán facer unha boa actuación nas novas competicións do 2012.

FOTOS DA XORNADA




0 comentarios:

Publicar un comentario