O pasado domingo 8 de maio celebrouse en Expourense a fase previa do Campionato Provincial de Xadrez.
Dous equipos, de 4 participantes cada un, representaron con éxito ó noso Colexio.
Un dos equipos formados por Martín F., Iago, Marcos (3ºEP) e Beltrán (4ºEP) acadou a PRIMEIRA POSICIÓN na categoría Benxamín.
Nesta mesma categoría o outro equipo formado por Alberto, Xulián (3ºEP), Mario e Rodrigo (4ºEP) acadaron a TERCEIRA POSICIÓN.
¡¡¡ NORABOA ÓS 8 PARTICIPANTES POLO SEU ESFORZO E BON FACER !!!
O vindeiro xoves 12 pola tarde levarase a cabo en Ourense o Campionato Provincial no que terán que loitar con duros contrincantes de toda a nosa provincia.
Moita sorte a todos!!





